lunes, 19 de julio de 2010

Árbores escuras

Árbores escuras,
estrelando cara ao infinito,
mergúllanse nun teito de cristal
negro coma o peixe e a sangue,
espreitando.

O fume gris
que se debate entre o ser e o deixar de ser,
ou o non existir e o non ter existido,
sorrí con esa bágoa malferinte,
abraiada.

Nun momento de silencio
no sono das idades
esvaecidas na néboa,
os ouveos das cadelas
gozan.

O vago rosmar dunha sociedade enrabuñada,
rosma que te rosma,
creounos:
¡Existimos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario